Cork, a cidade

Vista aérea da cidade

Vista aérea da cidade

Ben é certo que o blog vai sobre min, pero o leitmotiv, o aquel, é a cidade, e xa ía sendo hora de adicarlle un artiguiño. Tiña preparado algo expositivo, pero facíaseme aburrido incluso a min. Así que optarei polos típicos xuízos de valor desmesurados e ironía extrema marca da casa.

Malia ser Cork a segunda cidade de Irlanda por número de habitantes (200.000), en termos relativos e salvando as distáncias, coma Santiago: Unha aldeiña con pisos. E nen iso tan só, porque aquí os edificios estrañamente pasan do 3º ou 4º andar.

Curiosamente Cork seméllase a Padrón no feito de que ambas as dúas son illas. O río Lee bifúrcase, e o centro da cidade queda incrustado nunha illa que fai o río antes de volver xuntarse consigo mesmo. (No caso de Padrón é o Sar quen a fai antes de xuntarse co Ulla).

Padrón, á dereita, vala a redundáncia.

Padrón, á dereita, vala a redundáncia.

E ben, ten o seu concello, a súa universidade, os seus equipos de fúbol fútbol gaélico e de hurling (hockei gaélico), os seus parlamentários e as súas cousas de cidade. Tamén ten algunhas estampas bonitas, pero bueno, hai que recoñecer que non é unha cidade monumental, máis que nada, porque coma gran parte de Irlanda, foi atacada e destruida varias veces por pobos invasores, nomeadamente a mistura de anglos e saxóns que habita na illa do lado.

Unhas imaxes que ilustren un pouco a cidade.

– Edificios. O meirande da república, 81 metrasos de alto, coma a Catedral de Santiago.

450px-Elysian_tower_Cork

– Igrexas e catedrais. Aquí lévase o gótico-sen-xeito .

399px-Regency_Gothic-style_Holy_Trinity_Church_(Cork)

– St Patrick Street. Rúa principal e eixo comercial por excelencia.

_MG_1062

-E o río Lee, que aporta á cidade grande vitalidade e cheirume a mar a partes iguais.

_MG_0984

Ben só dicir, que as dúas imaxes finais, que aparecen grisáceas, son as máis fidedignas co clima que vai realmente en Irlanda. E iso, que se vos ferve a curiosidade e queredes saber máis sobre a cidade, deixo un link por eiquí embaixo.

http://www.irelandbyways.com/top-irish-peninsulas/irelands-south/mallow-co-cork/

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s